Pouco mais dum mês depois da histórica mobilizaçom em defesa da Terra na Ulhoa, milhares de pessoas acodiram ao chamado de Ulhoa Viva na capital da Galiza; rodeando a Xunta, vizinhança e ecologistas, sindicalistas obreiros e agrárias, cidadania organizada ou nom, pediu parar um plano que ameaça esta comarca interior, as Rias Baixas e o setor primário no seu conjunto.
Em video, o digital Praza Pública contava como a multidom rodeou as instalaçons da Xunta em Compostela.
Milleiros de persoas responden ao chamamento de Ulloa Viva e a APDR e arrodean a sede central da Xunta para esixir frear o proxecto de Altri https://t.co/9ItX8It7eA pic.twitter.com/B6FogWWIjw
— Praza Pública (@prazapublica) June 30, 2024
A imprensa nacionalista oferecia esta crónica dumha nova demonstraçom de força da auto-organizaçom popular.
[SOCIAL] A Galiza clama contra Altri nunha multitudinaria mobilización en Santiago de Compostela https://t.co/sNLJstgJss
— Nós Diario (@NosDiario) June 30, 2024
Ulhoa Viva, plataforma que está a demonstrar umha importante capacidade mobilizadora, e que está a espalhar as suas reivindicaçons por todo o território, agradecia a presença popular que fijo o ato possível. O objectivo cumprira-se.
Xunta arrodeada✅
— Plataforma Ulloa Viva (@UlloaViva) June 30, 2024
Grazas a todxs💚#altriNon pic.twitter.com/J7prCFm8u9
Numerosas entidades do ambientalismo acudiam ao chamado vizinhal, assinalando os responsáveis do plano extrativista que controlam hoje a Xunta.
📣 Hoxe arrodeamos a Xunta canda @UlloaViva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa esixindo que non se leve a cabo a macrocelulosa que esnaquizaría as terras e augas de Galiza.🏭#AltriNON pic.twitter.com/lgdNaQ0Bye
— Ecoloxistas en Acción Vigo-Rías Baixas (@ecoloxistasvigo) June 30, 2024
O chamado da plataforma chegou a mobilizar setores laborais muito concretos ligados à natureza, como os agentes ambientais.
Satisfacción persoal de ver hoxe en Santiago moitas caras coñecidas do noso colectivo de #AxentesAmbientais 👮👮♂️ da @Xunta berrando 📢 #AltriNon📢💪💪@AlfonsoRuedaGal @Anxeles_Vazquez pic.twitter.com/tdARhzn32P
— @RekeMat (@RekeMat1) June 30, 2024
Algumhas contas pessoais ofereciam crónica fotográfica da manhá de domingo na nossa capital.
Galiza non se rende nin se vende, e hoxe demostrámolo máis unha vez en Compostela. #AltriNON pic.twitter.com/A0bkY7yG6b
— seredaico (@seredaico) June 30, 2024
Neste ato combativo houvo lugar para a festa e a irmandade, como recordava o Sindicato Labrego Galego.
🎶Cantando, tocando e bailando tamén loitamos!
— Sindicato Labrego (@SLG_labregxs) June 30, 2024
Non puidemos rematar o “Arrodea a Xunta” convocado pola @UlloaViva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa esta mañá, en Santiago de Compostela, no que participamos dende o Sindicato Labrego Galego, de mellor maneira!#AltriNon!! pic.twitter.com/Gib3sQqC28
O sindicalismo labrego recordava também que som os setores produtivos, junto com o meio ambiente, os principais danificados de se consumar o projeto de macro-pasteira.
Ademais da calidade de vida e saúde da poboación en xeral, de ser construída esta fábrica a afectación máis importante recaerá sobre as actividades que están ligadas á terra, principalmente na agricultura, a gandería e o marisqueo.
— Sindicato Labrego (@SLG_labregxs) June 30, 2024
Altri_GreenaliaNON! pic.twitter.com/uOZIQ5K4ZA
O papel abertamente manipulador da CRTVG, evidenciado em todas as grandes mobilizaçons populares, volveu a ser assinalado nas redes sociais.
Cando parece imposible superar os niveis de estulticia, a @TVGalicia supérase mais unha vez. #AltriNON #defendeagalega https://t.co/QoVSOkpNED
— Maria G. Albert (@mariagalbert) June 30, 2024
Algumhas contas jornalísticas chamavam a atençom sobre a enéssima ausência do PSOE na mobilizaçom, contraponhendo-se ao sentir das suas bases na comarca da Ulhoa.
🌱Outra vez, a sociedade civil galega demostrando o seu compromiso inquebrantábel coa defensa do medio ambiente. Outra vez, a irresponsabilidade do PSOE quedando na casa.
— Javier H. Rodríguez 🇵🇸 (@JavierHRguez) June 30, 2024
pic.twitter.com/g8tMerqvzb