Eis umha seleçom de artigos de Júlio Sigüenza redigidos no primeiro terço do século XX.

A fouce
Ele ignora o valor desta fouce; ele ignora que serve para outra cousa que nom sejam os labores agrícolas. Ai, o dia que o saiba!
Assim como corta no campo as más ervas que nom deixam crescer os cultivos, assim curtará um dia (o dia que os labregos se dem conta da sua força), as cabeças dos tiranos que o escarnecem e medram com a sua suor.
Porque a fouce é nobre, porque é a eterna companheira dos que extraem das entranhas da terra o sustento do homem; os nacionalistas galegos escolhérom-na como símbolo. Como símbolo da redençom da terra.
O dia que os labregos se decidam a empunha esta fouce num gesto redentor…Ai de vós tiranos!
[…]
Esse dia, podemos berrar: Já temos pátria livre!
“La hoz”, Galicia 20, 15-5 [traduzido polo galizalivre]
 
Avanço nacionalista
Mirando o ano derradeiro dende o punto de vista galeguista, e indudabre que marcou unha zancada de avance nas nosas ideias; nas ideas da redenzón da terra que oxe conmoven o vello praneta: foy, dende logo, un ano de proba no que salimos vencedores, tendo como apoteosis groriosa, a famosa asambrea nazonalista de Santiago.
Que o ano de 1920, colme nosas ansias de liberazón, traendo entre das moitas sorpresas, que sin duda traerá, a da compreta liberazión da nosa terra.
“Ano Novo”, Galicia, 1, 3-1
 
Luita independentista
Constrasta sobremaneira c´o xesto viril d´Irlanda (raza da nosa raza) a pasividade morriñenta do pobo galego; namentras aquéla érguesa altiva diante do poder asoballante da vella Albión, ésta fica escrava e de soenllos no chán d´os seus abós diante d´a omnipotencia d´o poder de Castela, recibindo nas lombas, os latigazos de unha oprobiosa tiranía; tal parez, c´o pobo galego ten interés en desmentir a raza de que descende.
Non; os pobos que se amodorran non teñen dereito a ser ceibe; pr´a ser ceibe, fai falla loitar como se loita en Irlanda, como se loitou en Cuba, como loitaron todos cantos pobos aspiraron un día a se rexir pol-as suas leises.
Ningún pobo foi libre pol-a razón das suas verbas, ningún o foi por que estivera do seu lado a xusticia; o que quixo sel-o, tivo que selo pol-a forza das suas convinciós, e pol-a forza dos seus fillos. Xa o dixo o poeta:
Como en Irlanda
Érgue-te e anda.
“Cousas da raza”, Galicia 25, 19-6
 
Juventude nacionalista
A Xuventude de oxe, aspira a lle legar os seus fillos, o que eles non poideron nin souperon legarnos a nós: unha Patrea ceibe, unha Patrea que viva sin menosprecio da sua soberanía e liberdade: unha Patrea na que os homes se rixan pol-as leises e falen o seu idioma, na que a palabra santa de libertade, non sexa un aldraxe o mesmo como oxe sucede; unha Patrea, en fin, na que a Aurora da paz brile permanentemente, e cobixe baixo o seu manto a todol-os galegos.
Eso é o que quer a baruda xuventude nazonalista.
“Nazonalismo galego”, Galicia 33, 14-8
 
Os desleigados
É moi fácile embracarse pr´as Patreas feitas con moitos anos de sodor, de traballo e de intelixencia; de amor e de dignidade. O difícile é facer Patria; por iso renuncian d´ela os cobardes y-os “mentecatos”.
“Os desleigados”, Galicia 37, 11-9
 
Os mandamentos do bo galego
1º- Ama a Galicia sobre todal-as cousas.
2º- Pensa que en Galicia deben mandar soyo os galegos.
3º- Fala, escribe, e pensa en galego.
4º- Non sexas máis que galego.
5º- Pensa c´a terra está por ceibar.
6º- Q´é obriga tua loitar pol-a sua liberazón.
7º- Antepón a todal-as convenenzas as convenenzas d´a terra.
8º- Non negues nunca sere galego.
9º- Traballa, pensa y-estudia o modo de conquerire a independenza d´a terra.
10º- Pensa c´obrando d´este xeito, merecerás o ditado de “bo e xeneroso” de que falou Pondal.
Estos dez mandamentos se encerran n-un só; en amar a Galicia por enriba de todo e pensar que deste xeito farase digna a palabra “galego”.
Si pensas d´outros xeito, merecerás a eterna maldizón d´os teus fillos, y-o escarnio de non teres unha Patrea por non sabela conquerir; irás como xudío errante pol-o mundo, sin patrea e sin fogar, sendo a eterna buldra d´os homes e dos tempos
“Os mandamentos do bo galego”, Galicia 1, 1-1
 
A Loita
(publicado acompanhado do “Em Pé!” de R. Cabanilhas)
Pr´a Xuventú Nazonalista Galega
 
N´a loita derradeira qu´aveciña,
N´a loita pol-a santa libertá;
Aspirade a ser vos, dos que van diante,
¡Non quededes atrás!
C´o filo dos fouciños que levedes
Rebrile o novo sol,
Como brilou n´a loita contra Francia;
N´axuda d´o hespañol.
Aprendede n´a historea de Galicia
Os feitos de heorismo e de valor;
Loitar como loitou Pardo de Cela,
Qu´antes quixo ser morto que treidor.
Loitad, qu´alcontrareis loitando
D´a santa nai Galicia seu cariño;
Os páxaros pequenos van levando
Palla por palla hastra facel-o niño.
E cando o sol d´a libertade brile
Camiño sempre adiante.
Sabrá Galicia que lle debe a Patrea
A xuventú triunfante.
Galicia, 30, 25-7-1920